Español | Galego
Servicios > Frío industrial >

Túneles de conxelación

A conxelación rápida, en túneles de conxelación, ten como principal vantaxe o que, ao ser un proceso rápido, provoca a formación de cristais de xeo máis pequenos que estragan moito menos as células dos alimentos. Deste xeito, ao chegar o momento de desconxelalos, conservan moito mellor as propiedades orixinais do produto.

Instalamos túneles de conxelación rápida, tendo en conta as necesidades do cliente, e atendendo aos alimentos que haxa que conxelar, a temperatura que requiran, e incorporando ademais as medidas de seguridade e hixiene imprescindibles para todos os casos.

Os nosos túneles de conxelación teñen a súa utilidade principal na conxelación de: pescado, marisco, carnes de porco, tenreira, pratos precociñados, pan.

Fabricados con paneis prefabricados de espuma de poliuretano lacados en cor branca (tamén dispoñibles noutros materiais e acabados), dan como resultado unións ríxidas e o máximo poder de illamento, aumentando o aforro enerxético.

Outros servicios de Frío industrial:

Pol. Bergondo.
C/. Parroquia de Lubre, C-12-Nave D
15165 A Coruña
Tel.: 981 784 966 | Fax: 981 784 899
estudio@infryca.es