Español | Galego
Servicios > Enerxías renovables >

Enerxía solar térmica

A enerxía solar térmica consiste no aproveitamento da enerxía solar para o quentamento da auga a temperaturas inferiores aos 80ºC. A enerxía solar térmica de baixa temperatura ten tres aplicacións fundamentais:

Produción de auga quente sanitaria (ACS)

Os niveis de temperatura a alcanzar non son elevados (40ºC a 50ºC) e pódese utilizar todo o ano. A súa instalación é obrigatoria en vivendas novas ou en rehabilitación a partir de marzo de 2007 segundo o novo Código Técnico da Edificación de España.

Climatización de Piscinas:

Do mesmo xeito que na produción de ACS, obtense a temperatura da auga apropiada para o bo rendemento do colector solar. Tamén está obrigada a súa instalación en piscinas cubertas segundo o novo CTE.

Calefacción:

O sistema ideal é a calefacción por chan radiante, posto que traballa en réximes da orde de 45ºC. A auga quente producida polo sol circula directamente á mesma temperatura polos condutos situados no chan. No caso da calefacción por radiadores, a auga quentada polo sol (a 45º-50ºC) debe ser aumentada a 60º-70ºC polo sistema convencional para circular á temperatura óptima polos radiadores.

ACS e Climatización de piscinas:

No caso de dispor dunha instalación solar térmica pódese deseñar e dimensionar para a subministración de ACS e quentamento da auga dunha piscina simultaneamente. Estamos especializados en Sistemas Solares Térmicos Combinados (SSTC), os cales representan unha solución enerxética integral para vivendas e edificios. Un SSTC é a combinación de auga quente sanitaria (ACS), chan radiante (SR) e climatización de piscinas (CP). As súas principais vantaxes son as seguintes:

Outros servicios de Enerxías renovables:

Pol. Bergondo.
C/. Parroquia de Lubre, C-12-Nave D
15165 A Coruña
Tel.: 981 784 966 | Fax: 981 784 899
estudio@infryca.es