Español | Galego
Servicios > Climatización >

Calefacción

Na actualidade existen no mercado unha ampla oferta de calefaccións. Un dos obxectivos principais dun bo sistema de calefacción é o mantemento da calor, polo que é moi importante o poder participar na instalación durante a construción da vivenda para colocar os radiadores e as caldeiras nos lugares máis axeitados.

Tamén se debe prestar unha atención especial aos emisores de calor para acadar unha temperatura adecuada, existindo no mercado diversos tipos de sistemas de calefacción en función do combustible empregado.

Entre os diferentes tipos de calefaccións podemos distinguir as que utilizan radiadores para a distribución da calor, que é a máis frecuente e as que empregan tubos no chan (chan radiante).

O mantemento é tamén unha función esencial para garantir o bo funcionamento da nosa caldeira, debemos facelo todos os anos, antes do comezo dos primeiros fríos, que lle garante un correcto funcionamento e aproveitamento da enerxía no seu fogar.

Outros servicios de Climatización:

Pol. Bergondo.
C/. Parroquia de Lubre, C-12-Nave D
15165 A Coruña
Tel.: 981 784 966 | Fax: 981 784 899
estudio@infryca.es